A CANELLA


Un aire frío baixa a reboliños dende a Farria recollendo dos lugares, as voces cansas, as voces tristes das almas olvidadas,
de outros tempos e de hoxe, de vivos e de mortos todos amigos, fundidos no tempo..... e sube petando nas casas da rúa do Xosé Mármol, recollendo rumores, falando coas sombras ata chegar ao San Roque, onde facendo unhos xiros imposibles ao redor da Fonte, raptada polo novo deus moderno que desafía culturas e cunas, tasador implacable de agarimos e de almas...........................dá outra volta enredondo e logo de chorála traza un surco coma un soplo cara a Canella.
Alí me susurra a súa recolleita e podo sentir con forza o mencer en Requixiño cando o día se pon de pé xunto o galo do Cabezas, as carrizas voando ao ras do chan, e o pinzón real galanteando polas leiras do Cobelo.......
as augas que baixan choutando entre as pedras como chancas ferradas sacando chispas polo regato da Farria, o tañido arxentino da campá da Prima e do reloxo os cuartos.
Así amence un novo día na Vila de Xunqueira.

PRÓXIMO TEMA

PRÓXIMO TEMA
Feismo, capricho, despilfarro, e ilegalidade Sr. Alcalde
Cumpremento das Normativas, Boa xestión, e Talante democrático

Agrupación Coral de Xunqueira

Agrupación Coral de Xunqueira
Unha participación constante en todolos actos importantes na Vila

A Coral de Xunqueira de Ambía

Cando as noites de inverno anegran e o aire xime dicindo "vaite" entre as fantasmagóricas luces de ámbar e cera das farolas, baixan aos poucos unhas sombras de lixeiro andar pola rúa Colón. Dobrando a esquina do Pastor desaparecen como ánimas na noite.
Dende o Bar da Ioana, observatorio natural na vida da nosa Vila e imprescindible para estar "ahí" nos temas populares, despertou a miña curiosidade e preguntéime onde iba aquela xente nesas noites nas que nin os lobos saían.
Decidín seguir aquela carreiriña de formigas e esperéi unhos minutos facendo tempo. Non chovía pero cheiraba a tormenta e no desván do ceo estralaban caixós de luz.
Á altura do Concello se oe unha melodía fermosa que comeza a brotar armonizando o momento. Nesa conxunción entre a natureza e a música, só na noite e rodeado da historia da Praza, un pode sentirse home privilexiado... feliz.
Acheguéime ata o lugar de orixe dos cánticos, no patio fermoso das escolas vellas, e alí sentéime nas escadas do espazo monumental. Mirando ó ceo entre o sabor das notas e o leve cheiro a ozono entonéi coa Coral de Xunqueira de Ambía os temas que un detrás de outro iban desgranando.
Repetín varias veces esta experiencia e un día decidín entrar e felicitalos. Tiveron a deferencia de dedicarme unha canción.
Moitas grazas por estar ahí, moitas grazas polo voso traballo e moitas grazas por vestir os actos importantes da Vila.
Gostaríame saber cantar.

Dende aquí quero anunciar e facervos unha invitación á vosa agrupación e a tódolos veciños de Xunqueira para participar no próximo homenaxe a Elixio Rivas, o noso veciño, que será nomeado fillo predilecto da Vila, un recoñecemento máis que merecido e que debe supoñer unha festa e un orgullo para todos nós.

Na Colexiata

Na Colexiata
Misa Rociera

Xunqueira de Ambía... na súa historia

Xunqueira de Ambía... na súa historia
Edita ::: JOSE BARROS

Xunqueira de Ambía: Arte e Historia

Libro editado por José Barros, interesante , imprescindible para coñecer unha boa parte da nosa historia, resumida e por capítulos. Fácil de ler e cunha abrumadora cantidade de datos sobre os aconteceres históricos de Xunqueira de Ambía. Recomendámolo para a vosa biblioteca particular.
Véndese no punto de información da Paneira ao prezo de 10 €
e animamos ao seu autor a unha continuación á profundización desta obra.





Próximamente postearemos sobre varios veciños do Concello, poetas e labregos, escritores semi-anónimos, autores de pequenas e maravillosas obras donde contan as súas vivenzas.

Natureza abrasada

Natureza abrasada

Non nos gusta, nada, nada.

Que o concello utilice prácticas reprobables, insanas e ilegáis, para limpar de herbas as cunetas das estradas e rúas municipáis.

Como ben sabedes, o noso concello adícase fundamentalmente a producción agrícola e gandeira, e pasa por ser un dos concellos que máis terreo calificado de especial protección A de monte (fauna e flora), posúe dentro do entorno provincial.
Non só a herba sofre os efectos dos pesticidas senon tamén os animáis e a vexetación do entorno, correntes de auga, mananciáis, etc...
Como é posible que se esté envelenado dende o Concello, cando o patrimonio municipal conta coun tractor e brazo de desbroce? tanto costa poñelo en marcha?.
Parece de chiste, pero estes mesmos métodos tamén se aplican habitualmente nos xardíns da Vila, rociados con herbicida durante a primaveira actual. Outra das prácticas é a de botar raticida polas rúas un par de veces o ano. Deste modo xa temos o cóctel completo.

Os lodos da depuradora, ricos en plomo e metais pesados, restos de acidos, lexivias, etc... forman un compost velenoso se non é tratado. Como práctica común, este compost, sen tratar, é abandoado nos camiños e lameiros localizados nos humedáis de os Casares. Diste modo desaparecen antes, das miradas dos cidadáns.

Recordades a letra de "Mi agüita amarilla"?

Dende o concello me comunican que usan un "herbicida ecolóxico". Seamos serios o único herbicida ecolóxico que se coñece por aquí é a CABRA, a VACA, o BURRO e o CABALO, que ademáis, aboan.
Todo este despropósito pon de manifesto a falla de nivel cívico, bó criterio e responsabilidade do encargados da xestión Municipal. Esperemos recapaciten............ e poñan en marcha un protocolo de boas prácticas medioambientáis en beneficio da calidade de vida de todolos veciños.
A todo isto hai que engadir o estado de paralización da depuradora, e a falta de mantemento e cambio de filtros na estación de captación de auga potable.Gravísimo.

Nota:
Un estudo publicado non fai moito relaciona directamente os
herbicidas e pesticidas coa enfermidade do Alzheimer, será por eso que a nosa Comunidade ten un dos índices de pacientes máis altos do Estado?

21 de Maio

Xunqueira FC. Tempada 2010

Xunqueira FC. Tempada 2010

JURGOL


Resume:
Rematóu a tempada 2010 co pabellón ben alto e as bancadas collendo forma.
Gañamos na casa 3 a 1, co noso porteiro Luis en plan estelar marcando tres golazos xa que levado pola necesidade do equipo, tivo que cambiar a súa posición e xugar de "palomeiro centro".
Confírmase a estabilidade do equipo, rota en cinco ocasións polas expulsións do Sr.Pérez que nos deixa sempre con dez no corpo e a zozobra nas bancadas.
No terreo de xogo ben, subimos ano tras ano de categoría, de terceira a segunda........de segunda a..... onde porán o listón istes rapaces?.
A directiva, de monumento.
Aparte de aturar o persoal, aturar as bancadas, buscar cartos...... tamén lles chega o tempo para preparar alghuna cea, crear ambiente, formar grupo e sacar novos rapaces da canteira. (Non confundir canteira con Astariz).

A afición, algo salvaxe...... pero sana, habería que pensar en fomentar o consumo de tila na cantina en partidos de alto riesgo, léase Allariz....Vilar de Barrio, San Pedro de Rocas, Taboadela, etc.

De cara a próxima tempada facemos un chamamento a tódolos aficionados para botar unha man a iste clube que rematóu facendo unha campaña (sen fanatismos) case, case tan meritoria como a do Inter de Mouriño.

Fai dous anos sería imposible pensar que o campo dos Barreiriños tivera como acceso unha zona axardiñada e de lecer donde sempre existíu unha escombreira municipal.
Máis increible foi ver aparecer a silueta da tribuna....
que agora está sendo cumprimentada cunha cuberta.
Existe un compromiso municipal para construir os vestiarios debaixo das gradas.
Casualidade? non. Causalidade. Todo esto é froito do debate, oposición, propostas, negociación e laboura municipal... e cartos do plan do fondo Estatal para o desenrolo e fomento do emprego. Nin máis nin menos... traballo e gañas de ver as cousas feitas.

PRAZA DE SAN ROQUE

PRAZA DE  SAN ROQUE
Antes de perder a súa identidade

NON TODO É OURO O QUE RELUCE

Despóis dunha actuación desafortunada na rehabilitación desta fermosa Praza, non é ouro todo o que reluce, pois baixo esa bonita alfombra de adoquín iace a máior neglixencia profesional que se pode ver neste Concello.
En primeiro lugar, non se rebaixóu a praza, excavando no sábrego para que a súa cota quedara por baixo do nivel das portas dos veciños, polo que cando chove a auga decorre cara as vivendas.
Despóis de efectuar unha obra valorada en máis de 36.000€ para a que fai falla un proxeto, non existen planos de infraestructuras, de servizos e do alcantarellado .
A pesar de ser unha rúa nova xunto a calle de atrás, non se lle dotóu de recollida de pluviais, como manda a normativa.
Non se soterraron os cables de enerxía e non se deixóu o do ADSL polo que o día que se faga haberá que levantar toda a Praza de novo.
Retiráronse sete bancos de pedra propiedade dos veciños e tamén a fonte, todo isto está protexido pola calificación de BIC (Ben de interese cultural), polo que debe ser restituido pola Alcaldía.
As vivendas e Praza de San Roque teñen as súas características propias por ser a gandería o oficio común de tódolos seus veciños. Os seus baixos e a fonte estaban habilitados para desenrolar ista actividade que duróu polo menos tres séculos e que desparecéu fai tres anos co falecemento do último veciño que se dedicaba a elo.
O Concello ten previsto cambiar a fonte, por unha redonda, todo previsto para adaptala as novas tecnoloxías, os vehículos, que así poderán dar a volta como si fora unha rotonda e convertir unha zoa peatonal fermosa e tradicional nun aparcadoiro municipal.

A nova fonte ten un custo de 12.000€ e polo visto, ben ser un novo monumento o feismo financiado dende a institución Municipal cos cuartos de todos nós.
Existe actualmente unha resolución de Patrimonio que obriga a Alcaldía a repoñer a antiga fonte e os bancos de pedra retirados da praza debido a que o grupo de Goberno non seguíu o obrigado cumprimento das normativas Autonómicas.

Un amigo dos grandes: ANTOLÍN

Nestes intres non deixo de pensar nese gran amigo, amigo da xente, da boa conversa, da sidrina compartida nesa pequena Asturias que íl inventóu no seu garaxe.
Un dos creadores dun clásico que perdurará nos aconteceres diarios de Xunqueira: "A Moncloa"
Lugar de debate da vida veciñal e da política municipal, onde cheguéi a escoitar propostas e cousas máis interesantes que na mesma mesa do Pleno.
A Moncloa ven ser o centro social da Vila, o miradoiro elegante de vellos sabios a quen se lle debería facer máis caso..................
A voz da rúa, alegre as máis das veces outras afiadas, de contos e de cantos, de risas, de guiños, de puñetas e de fadas......
Manolo, Antolín, Senén, o Pata.
Carlos nos trae novas, cáseque todolos días, da túa convalecencia....... a nosa impotencia de non poder achegarnos a verte, (seguro non nos deixarían pasar).
Pedímosche dende aquí que fagas forzas por sanar, que estamos esperando a túa volta, e que non te nos vas a escapar, si é necesario repetiremos a festa do San Pedro para cando te poidas achegar.

Antolín ¡Querémoste!
¡Volve pronto!



A Moncloa

A Moncloa
Manolo o "Zarra" co seu amigo Pancho...os que máis madrugan.

palabras de papel......

PRESENZA

Iste blog nace como nacen toda las inquietudes, amodiño como que non quere a cousa ....... de puntillas sen querer molestar, para máis adiante deixarse levar polos aconteceres.
Non quere ser alimentado por credos, prexuicios, o intereses, só busca recoller berros e cantos, feitos e querencias da nosa xente, da nosa terra e todo aquelo que para nós ten significado.
Un barquiño de papel levado pola corriente.......







12 de Marzo

A canella no seu sabor...........

A canella  no seu sabor...........
Ela conserva miles de pisadas a través dos séculos, veciños, pelegrins e as das alghunas ánimas que pola noite baixan pola rua datrás..

Orixe

A casa Crisanta é o primeiro edificio da canella que hoxe está a ser recuperado.
Na súa fachada principal, mirando cara o sol da mañán, unha pedra labrada coa data 1791 indica a súa posible orixe no tempo.
A casa é unha construcción única que chegaba hasta o alto da Canella. Hoxe está dividida en tres distintas, pero que manteñen as portas e divisións interiores orixináis, a saber:
a casa Crisanta, a casa do Guitos, e a casa da Genoveva.
A casa da Genoveva, hoxe reconstruida, acababa nun patio fermoso, amurallado, con porta carral e canastro, con hortiña e xardín.
Os meus recordos me traen con agrado, eu era moi neniño, aquela señora de dulce carácter, sempre coun cariño cara nós, miudiña e sempre vestida de negro...................... durante moitos anos pensara que era a fada madriña da Canella........seguramente o foi.
Durante o verán, cando o tórrido calor da tarde caía na Vila, iamos refuxiarnos nela e pasábamos horas collendo moscas para botalas as arañas que por centos aniñaban nos buratos das súas pedras. Nunca acabamos coas moscas porque ao devecer o día volvía o gando do campo en puntual procesión camiño aos cortellos do San Roque. Daquelas quedaba asombrado da habilidade que tiñan as vacas utilizando o rabo para espantar as moscas de modo certero, e vía un paralelismo con Santana, aquel tenista de revés elegante. Cousas de nenos.


Subida Xunqueira de Ambía 4º Edición

A Escudería de Xunqueira de Ambía, (EXA) de recente creazón, debuta organizando a próxima subida a Xunqueira que se celebrará o 15 e 16 de Maio.
O seu presidente Farria, anímanos a todos nós a acudir a este evento e arroupar a súa organización co motivo de consolidar este evento deportivo e festeiro, cualidades implícitas no carácter dos veciños da nosa localidade.
Dende aquí queremos recomendar a todos aqueles que acudan con almorzo, que o compartan sen ningún remilgo, verán que fácil é facer amigos. Eso sí, ó acabar, os papéis, envoltorios, latas e demáis productos consumibles utilizados fagan o favor de deixalos nos bidóns preparados para dito fin.
A natureza non ten a culpa dos nosos usos.


As probas foron seguidas con gran afluencia de público e os resultados foron por categorías de seguinte modo:

Categoría : vencedor
Categoría : vencedor
Categoría : vencedor

Subida 2010

Subida 2010
Xunqueira de Ambía

Buscando a Willy

Buscando a Willy
Excursión aos Milagros 1937
Ista é unha desas fotos que gardo con moito agarimo.
Ás veces quedo mirando nela extasiado, escudriñando as facianas unha por unha, intentando lembrar algún detalle, que me leve a identificar a todos iles, alguén parecido que me leve a conexión coa xente que hoxe coñezo.
Mentras o intento de modo valdío, recordos, imaxes, paxases da infancia, envoltas nunha neblina de nostalxia que crean en mín unha sensación de tranquilidade e de unión con todos e cada ún de iles, son xa para mín unha familia, ligados por unha man invisible de calor e familiaridade.

O segundo pola dereita, ise rapaz rubio cun soriso de orella a orella, é o Camilo, meu pai. Home culto e honrado ata a saciedade, de quen quixen aprender e non puiden e de quen me sento orgulloso.

O carto pola dereita é o Toño (Pai) da Cantina, outro home dos de antes, honrado, alegre e de gran corazón, cando marchóu deixóu un anaco de lenda na Vila. Aquí o temos fácil pois o Toño fillo ven ser cagadiño a íl.

Seguimos coa investigación e pedimos a vosa colaboración para seguir identificando a ista nosa familia.
Sería bonito que si coñecedes a alguén, nos mandedes unhas liñas falando un pouquiño del para publicalo como homenaxe o seu recordo.


Non temos ningunha presa, pois de todo isto o bonito é o proceso......

A festa da Sementeira

Iste sábado, se o tempo acompaña, escomenzamos coa sementeira de millo, na finca das Berlangas.
O que comezóu como unha pequena broma, acabóu por tomar forma e conciencia de que debemos coidar do noso entorno.
Sementaremos millo e trigo do pais.
O finalizar colocaremos un espantallo, por se fai algo.

O almorzo, de regulamento:
Viño bo, pan de piñor, tortilla de patacas (da Limia), pementos de padrón e tallada de porco.
O noso obxetivo é proporcionar alimento e cobixo as aves, bichos e outras especies, e de paso ter limpo e coidado o monte.
Pola outra banda imos sementar unhos regos de patacas, fabas, tirabeques, cebolas, berza............. de modo limpo, sostible e experimental, para facer unha merenda intre "amijos" de vez encando.
Outra parte será sementada de lavanda e herbas medicináis,
e quédanos un recuncho para sementar flores para a Igrexia colaborando con isas MULLERES con maiscúlas que durante anos se encargan de modo altruista de coidar e velar pola integridade e saúde da nosa Colexiata.


Tamén necesitaremos voluntarios para esgarabuñar o millo.
NON FALLEDES.

As Berlangas

As Berlangas
Preparadas para recibir a semente, ao fondo, vixiante a Campanilla.

Obxetivo cumprido

Obxetivo cumprido
O Rubio, fermoso cabalo árabe, o Toño e o Luis, de fina raza labrega, asucando o millo

XIII Certame de Folklore Internacional

XIII Certame  de Folklore Internacional
¿Algo distrae poderosamente a atención de Xián.................¿qué será ? o Kikirikí

Festival Internacional Folclore Xuvenil

Realmente deliciosa a mostra de Folclore Internacional conque a nosa Vila foi agasallada.
Nenos e nenas de Romanía, Bulgaria e cómo non da nosa terra, Queixumes dos Pinos, deleitáronos durante hora e media de cantos e danzas que fiexéron vibrar as centenarias pedras de San Rosendo.
Eventos deste tipo, cofinanciados pola Deputación e o Concello deberían ser presentados con máis continuidade.
A resaltar a participación de Ainoa Borrajo , veciña de a Pousa e compoñente dende fai tampo de Queixume dos Pinos, un aplauso para ela esperando xesa un exemplo a seguir por todos istes cativos que se están a formar nese viveiro que é o grupo de gaita e danza local "A campá da Prima".

O Acto de calidade, o marco incomparable.


Grupo xuvenil de Romanía "Cununa de pé somes"

Grupo xuvenil de Romanía "Cununa de pé somes"
Xogo de movemento e cores...

Melodias


miércoles, 5 de octubre de 2011

Renacemos

MORTE
Dos anos despóis, de múltiples vivencias, de truculentas experiencias, de decepcións ..........diarias
de loitas imposibles nunha Vila asoballada, plana, recelosa e resinada
de pequenas añoranzas 
de compañeiros queridos que xa faltan...........Na Moncloa.............  no Campo............. na Casa
Voltamos outra vez, coa testa máis dura, coa frente máis alta
por eles, por nós, polos que faltan.

                                                                ***
VACÍO
Pasaron dous anos, de batallas plenarias, de rencores, de difamaciones... de incompetencias municipáis. Mentras o pobo se esconde non querendo oir verdades.
Un Concello arruinado pola mala xestión de xente interesada
apoiada por ises veciños que perpetúan un Alcalde sen mérito, para acudir
o seu despacho a sacar tallada  ........................... pola calada.
Só lle sacan promesas que duran o que dura o "Tí vai facendo",
quedando obrigados por nada.
Pechando así o ciclo :
Medo, mentira, sumisión, silencio, e nada.

                                                                      ***

ESPERANZA
A nosa Vila só volverá ao seu esplendor cando se eleve a conciencia ciudadana,
cando os veciños nos miremos como veciños.
Cando o voto sexa responsable e non un secuestro de intereses.
Cando a xornada electoral sexa un acto democrático libre que signifique a elección dos representantes máis válidos para administrar o patrimonio de todos e non un listado de escollidos a dedo por unas forzas que controlan os sectores do pobo a sua vontade.
Cando a xente pense que esto non é un partido de fútbol donde teñen que gañar os nosos.
Un partido no que o rematar o reconto os ganadores van cear con gran boato en ritual despóís de botar os fuegos, símbolo da súa victoria, de poder fálico e vanidade, para logo
votar outros catro anos sen rascala.

                                                                         ***
                                               
                                                   
                                                                         

A OS MEUS COMPAÑEIROS 



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

grazas